Entradas

Fin de curso

Imagen
Logo de moitos meses de traballo e grandes avances, chegou o fin de curso! Para celebralo fixemos unha gran merenda. Moitas grazas familias pola vosa colaboración! Agora toca descansar e ter grandes aventuras en familia durante o verán.  Ata a volta!!!

Mercado Mariñeiro

Imagen
Hoxe celebramos o Mercado Mariñeiro MareSada no cal mostramos todo o material feito ó longo deste curso como  marcapáxinas, peixeiras máxicas, conchas decoradas, peixes elaborados con diversas teas e un cadro do mar. Compramos e vendemos moito material. Destacar que  os compañeiros de todo o centro fixeron uns traballos moi orixinais. Moitas grazas a todas as familias por vir e participar no noso mercado solidario!!!

Taller da Escola Galega de Consumo

Imagen
Hoxe realizamos un taller de consumo, no cal falamos sobre o que necesitaríamos para celebrar un aniversario de consumo responsable, tendo en conta o que poderíamos mercar como froita,pan,ovos,.. Ademais, como agasallo déronnos unhas sementes de petunias que plantamos na aula e que o alumnado levará para as súas casas. Foi un taller moi entretido!!!

Aniversario de Paula

Imagen
 Hoxe celebramos o aniversario de Paula por adiantando que xa cumpre 5 anos en xullo. O seu pai e o seu irmá viñeron a contarnos dous contos moi divertidos. Posteriormente, soprou as velas e cantámoslle o aniversario. Moitas grazas por vir a celebralo con nós. Parabéns Paula!!!

Aniversario de Eren

Imagen
 Hoxe celebramos o aniversario de Eren que xa cumpre 5 anos. Os seus pais viñeron á clase a facer unha actividade moi orixinal onde todos os nenos crearon a súa propia peixeira máxica con linterna. Moitas gracias por vir a celebrar este día á nosa aula, pasámolo moi ben! Parabéns Eren!!!

Preparamos material para o Mercado Mariñeiro

Imagen
 Hoxe estivemos facendo material para o Mercado Mariñeiro que celebraremos o próximo mes no noso centro, fixemos uns peixes de cartón con teas de diversas cores. Quedaron uns peixes chulísimos!!!

Saída á granxa do Ventoso

Imagen
O día de onte foi diferente, xa que todo o alumnado de infantil fomos de excursión ao Ventoso. Alí vimos moitos animais como coellos, pavos reais,un burro, ponis...démoslle de comer a Caramelo e tamén o peiteamos. Ademais, subimos en Sancho. Finalmente,fixemos uns boliños de pan moi ricos. Pasámolo en grande!!!