Entradas

Mostrando entradas de abril, 2026

Apadriñamento lector

Imagen
Unha das actvidades levadas a cabo durante a  Semana do día do Libro foi que o alumnado de 6º de Primaria apadriñou ó alumnado de 5º de EI para lerlles un conto.

Saímos á praia coas familias

Imagen
Onte estivemos na praia acompañados das familias e xogamos moito. Posteriormente,fixemos un debuxo sobre o que máis nos gustou de ir á praia. Foi un día xenial!!!

Marcapáxinas mariños

Imagen
Con motivo da Semana  do Libro creamos uns marcapáxinas relacionados co proxecto do centro. Quedaron moi coloridos e serán moi útiles para as nosas lecturas!

Coñecemos os diferentes tipos de tiburóns

Imagen
No  día de hoxe estivemos traballando os tiburóns que existen xunto coas súas características.  Coñecemos  o tiburón balea,tiburón martelo, tiburón azul, tiburón branco e o tiburón tigre.

Proxecto MareSada

Imagen
 No día de hoxe estivemos elaborando material para o proxecto do centro. Pintamos conchas de vieiras as cales quedaron moi bonitas e orixinais!

Aniversario de Nel

Imagen
Comezamos o terceiro trimestre celebrando o aniversario de Nel coa súa nai e a súa irmá Luna. A primeira actividade que levamos a cabo foi ler un dos contos favoritos de Nel.     Posteriormente, nun mural feito por Nel e a súa familia observamos fotos de diversas actividades que foi facendo Nel ó longo do tempo como ir de pesca, ao museo, a casa dos avós...     Ademais, cada neno pintou as letras do seu nome para convertilas en imáns.   Finalmente, todos cantamos a canción de aniversario para Nel. Moitas grazas por vir a celebralo con nós!