Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2026

Preparamos material para o Mercado Mariñeiro

Imagen
 Hoxe estivemos facendo material para o Mercado Mariñeiro que celebraremos o próximo mes no noso centro, fixemos uns peixes de cartón con teas de diversas cores. Quedaron uns peixes chulísimos!!!

Saída á granxa do Ventoso

Imagen
O día de onte foi diferente, xa que todo o alumnado de infantil fomos de excursión ao Ventoso. Alí vimos moitos animais como coellos, pavos reais,un burro, ponis...démoslle de comer a Caramelo e tamén o peiteamos. Ademais, subimos en Sancho. Finalmente,fixemos uns boliños de pan moi ricos. Pasámolo en grande!!!

Festival das Letras Galegas

Imagen
 O venres día 15 de maio celebramos no noso cole o Festival das Letras Galegas, no cal os nenos e nenas de 4º de EI interpretaron a canción de Uxía Lambona "Esto baílase así". Foi un día moi divertido para todos!

Continuamos co proxecto MareSada

Imagen
Durante esta semana estamos creando unhas peixeiras moi orixinais. Encántanos facer actividades manipulativas relacionadas co proxecto do centro!

Robótica TALEBOT

Imagen
Hoxe estivemos xogando con TALE e axudámoslle a chegar ao destino que el quería. Encántanos xogar con TALE!

Carreira ENKI

Imagen
 O pasado xoves celebramos a carreira ENKI no centro, onde realizamos actividades moi divertidas. Foi un día xenial!!!