martes, 24 de noviembre de 2020

Grafismo creativo


 

25 Novembro...



 


As libélulas voan debuxando círculos para protexerse, marcan o seu espazo, ese que todos/as deben respectar.

Ti decides quen entra a formar parte do teu cícrulo vital, quen pode achegarse a ti, quen pode tocarte, bicarte, susurrarte ao ouvido ou collerte da man.

Ninguén ten dereito a ocupar o teu espazo se ti non queres.

A persoa que te quere, respectarate, non só coas distancias, senón tamén coas palabras.

Oxalá puidese ser unha libélula nalgún momento da miña vida… Por iso, hoxe máis que nunca facedevos oír, que todos/as saiban que temos dereito a elixir a quen queremos ter o noso lado.



          

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO  2020

RESPECTA  O MEU  ESPAZO

martes, 17 de noviembre de 2020

Felicidades Álvaro!

Chegou de Venezuela, co seu sorriso e o seu falar de conquistador...
É un artista, as súas mans crean dinosaurios en segundos tan perfectos que nos deixan abraiadas...
Un craro exemplo de que a motivación o é todo.
El adora ós dinosaurios.
Mañá 18 de Novembre cumpre 5 anos.
Parabéns pequeno gran artista!