viernes, 18 de septiembre de 2020

Benvidos e benvidas !


           


 Comezamos novo curso e novo blogue para os nenos e nenas de 6° de educación infantil  e para as súas familias.

Con precaución máis sen perder a ilusión, a nosa aula será un refuxio de fantasía, afectividade e aprendizaxe, onde a realidade non amedrantará os sonos do alumnado nin dos mestres e mestras desta a nosa querida escola.

Este curso imos ser Elfos e Elfas, seres de luz, guardiáns da natureza...

Aprenderenos moito co proxecto de Illa Fantasía investigando sobre bechos cada semana e tamén coñeceremos a Iris o camaleón, co que viviremos moitas emocións...

O Luns comezamos coas xoaniñas ou

 " mariquitas", 


Todo o relacionado co precioso bechiño vermello  será ben recibido na aula, e presentado na asemblea polo neno ou nena que  achegue a información ou obxectos,fotos, contos, debuxos...sobre as xoaniñas.

Aquí podedes ler o cartel da temática do proxecto.

  Moita saúde e fantasía.!