sábado, 16 de septiembre de 2023

PIDE UN DESEXO...


"O LIBRO DOS SOÑOS"

Cada aniversario os nenos e nenas levarán este libro a súa casa e o completarán con desexos, recordos , debuxos, fotos, recortes..que nos conten os soños deles e das súas familias e que explicarán na aula acompañados da súa nai, pai, avóa...na data que sexa posible.




 





jueves, 14 de septiembre de 2023

RESPIRAR...


Educar dende a calma facilita a concentración e sobretodo a sensación de benestar ...
Cada mañá no inicio da asemblea e a volta do patio adicamos 5 minutos a relaxarnos, atendendo á nosa respiración e a exercicios de tensión e relaxación muscular.
Por unha escola da felicidade.
Por unha infancia felíz e un presente e futuro emocional saudable.


 

miércoles, 13 de septiembre de 2023

Pecha os ollos...

 Ver coas mans e un exercicio sensorial que activa a curiosidade e a imaxinación.

As emocións como o asombro, ou a sorpresa son motores das aprendizaxes significativas...

A maxia e a fantasía  sempre presentes na escola.



VACACIÓNS...

 Coas súas mans...cos seus ollos...🌞









martes, 12 de septiembre de 2023

CONTRASINAL?

TODO COMEZA CUN CONTRASINAL...
TEMOS QUE REPETILO EN ALTO MIRÁNDONOS NO ESPELLO ANTES DE ENTRAR NA AULA...

ESTA SEMANA O CONTRASINAL É: 

                                                  HOXE VOUNO PASAR MOI BEN !
                                                  ¡ HOY LO VOY A PASAR MUY BIEN!



Como axudan aos nenos e nenas as afirmacións positivas?
A confianza nun mesmo é fundamental para realizar calquera cousa, pois ninguén coñece
o potencial dunha persoa mellor que ela mesma, as afirmacións positivas axudan non só a
enfrontar experiencias que poden parecer complicadas, tamén a desenvolver un mellor
entendemento de nós mesmos para que sexamos capaces de afrontar maiores desafíos e
cunha actitude aínda mellor que antes e esquecernos de calquera pensamento negativos.
Ademais, no ámbito educativo, estas ferramentas poden ser esenciais para fortalecer a
autoestima e o benestar emocional do alumnado e lograr grandes cambios positivos.
¿Cómo ayudan a los niños y niñas las afirmaciones positivas?
La confianza en uno mismo es fundamental para realizar cualquier cosa, pues nadie conoce
el potencial de una persona mejor que ella misma, las afirmaciones positivas ayudan no
solo a enfrentar experiencias que pueden parecer complicadas, también a desarrollar un
mejor entendimiento de nosotros mismos para que seamos capaces de afrontar mayores
desafíos y con una actitud aún mejor que antes y olvidarnos de cualquier pensamiento
negativos. Además, en el ámbito educativo,estas herramientas pueden ser esenciales para
fortalecer la autoestima y el bienestar emocional del alumnado y lograr grandes cambios
positivos.

                                              CADA SEMANA UN CONTRASINAL NOVO....

UN NOVO CURSO ....UNHA NOVA AVENTURA....BENVIDOS Á ESCOLA!

 TODO PREPARADO....💗💗💗💗