Aniversario de Nel

Comezamos o terceiro trimestre celebrando o aniversario de Nel coa súa nai e a súa irmá Luna.

A primeira actividade que levamos a cabo foi ler un dos contos favoritos de Nel.

 


 

Posteriormente, nun mural feito por Nel e a súa familia observamos fotos de diversas actividades que foi facendo Nel ó longo do tempo como ir de pesca, ao museo, a casa dos avós...

 

 


Ademais, cada neno pintou as letras do seu nome para convertilas en imáns.

 


Finalmente, todos cantamos a canción de aniversario para Nel.



Moitas grazas por vir a celebralo con nós!

Comentarios

Entradas populares de este blog