Celeste a extraterrestre A creatividade e a fantasía son ferramentas fundamentais para acompañar o inicio da lectoescritura nos nenos e nenas . A través dun contexto máxico e motivador, como o universo, e dun personaxe próximo e atractivo, como Celeste a extraterrestre , a lectura e a escritura convértense nunha experiencia lúdica, emocional e significativa. A fantasía non afasta da aprendizaxe, senónque facilita o acceso a ela. Cando as letras, as palabras e os textos forman parte dunha aventura, os nenos e nenas senten maior interese por descubrir, interpretar, crear e comunicarse. Por iso, a combinación de imaxinación, xogo e lectoescritura resulta especialmente adecuada nesta etapa educativa. Novo curso, nova aventura, novas aprendizaxes. Espero que disfruten deste novo personaxe, da súa historia, e desta canción ( eu inventei a letra e a IA a música) Os pequenos xa están disfrutando...ollade os seus debuxos neste video onde comparto os primeirosA creatividade e a fantasía ...