Unha das actvidades levadas a cabo durante a Semana do día do Libro foi que o alumnado de 6º de Primaria apadriñou ó alumnado de 5º de EI para lerlles un conto.
Onte estivemos na praia acompañados das familias e xogamos moito. Posteriormente,fixemos un debuxo sobre o que máis nos gustou de ir á praia. Foi un día xenial!!!
Con motivo da Semana do Libro creamos uns marcapáxinas relacionados co proxecto do centro. Quedaron moi coloridos e serán moi útiles para as nosas lecturas!
No día de hoxe estivemos traballando os tiburóns que existen xunto coas súas características. Coñecemos o tiburón balea,tiburón martelo, tiburón azul, tiburón branco e o tiburón tigre.