Comezamos novo curso e novo blogue para os nenos e nenas de 6° de educación infantil e para as súas familias.
Con precaución máis sen perder a ilusión, a nosa aula será un refuxio de fantasía, afectividade e aprendizaxe, onde a realidade non amedrantará os sonos do alumnado nin dos mestres e mestras desta a nosa querida escola.
Este curso imos ser Elfos e Elfas, seres de luz, guardiáns da natureza...
Aprenderenos moito co proxecto de Illa Fantasía investigando sobre bechos cada semana e tamén coñeceremos a Iris o camaleón, co que viviremos moitas emocións...
O Luns comezamos coas xoaniñas ou
" mariquitas",
Todo o relacionado co precioso bechiño vermello será ben recibido na aula, e presentado na asemblea polo neno ou nena que achegue a información ou obxectos,fotos, contos, debuxos...sobre as xoaniñas.
Aquí podedes ler o cartel da temática do proxecto.
Moita saúde e fantasía.!
No hay comentarios:
Publicar un comentario