Comezamos o terceiro trimestre celebrando o aniversario de Nel coa súa nai e a súa irmá Luna. A primeira actividade que levamos a cabo foi ler un dos contos favoritos de Nel. Posteriormente, nun mural feito por Nel e a súa familia observamos fotos de diversas actividades que foi facendo Nel ó longo do tempo como ir de pesca, ao museo, a casa dos avós... Ademais, cada neno pintou as letras do seu nome para convertilas en imáns. Finalmente, todos cantamos a canción de aniversario para Nel. Moitas grazas por vir a celebralo con nós!
Comentarios
Publicar un comentario